07 xaneiro 2015

A Torre de Miraz: unha visita guiada


No programa "Vidas de pazo" emitido pola CRTVG  o 16 de marzo de 2013, e da man de José Manuel Vila Chantres, asistimos á visita guiada polos irmáns Saavedra  á Torre de Miraz. Dende o minuto 23' 25" podemos asistir á charla na que tanto José como Luís, relatan pequenas historias relacionadas con este pazo emblemático do noso  concello.
"Vidas de pazo" foi un programa no que se foron dando a coñecer diferentes pazos da xeografía galega ( catro en cada programa)  que tiña como finalidade a de descubrir pequenas historias que nos permiten achegarnos a estas construcións sobranceiras do campo galego.
Deixamos aquí o enlace porque cremos de interese a información facilitada tanto polo seu aspecto histórico como polo cariño e coñecemento que sobre o mesmo amosan os seus propietarios. 

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.