03 febreiro 2016

I PREMIO DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA, CULTURAL E ETNOGRÁFICA "CONCELLO DE FRIOL".

Este luns, 1 de febreiro, a Asociación Cultural Carballo Vivo, xunto coa Facultade de Ciencias de Educación da USC e o Concello de Friol veñen de convocar o I PREMIO DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA, CULTURAL E ETNOGRÁFICA "CONCELLO DE FRIOL".
Ao mesmo poderá presentarse calquera tipo de traballo relacionado co patrimonio cultural e etnográfico do concello friolés, tendo en conta as Bases establecidas para o mesmo e que podedes consultar premendo neste enlace.
Alegrámonos desta convocatoria e esperamos que a mesma sexa exitosa. Desde este caderno animamos a participar a todas aquelas persoas que lle tedes especial cariño a este concello  e desexedes ampliar o coñecemento sobre estas terras milenarias.
Ánimo! 

1 comentarios:

H.M


Felicito a Asociación Cultural Carballo Vivo, a Facultade de Educación da USC e o Concello de Friol pola iniciativa de convocar o Premio de investigación histórica,cultural e etnográfica "Concello de Friol" !Que sexa todo un éxito!.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.