12 decembro 2016

Fallado o I Premio de investigación de Friol

Hoxe sae publicado no diario provincial El Progreso o fallo do "I PREMIO DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA, CULTURAL E ETNOGRÁFICA "CONCELLO DE FRIOL".
Ao mesmo - convocado no mes de febreiro- presentáranse catro traballos dos que, ao final, resultou vencedor o titulado  "A arquitectura renacentista de índole civil e relixiosa" presentado por Cristina Barreiro Abuín; o segundo premio recaeu no traballo " Toponimia no concello de Friol " presentado por Laura Ferro Devesa e Estefanía Pena Ferro.
Os premios dotados de 2000 e 500 euros, respectivamente, serán entregados ás gañadoras este sábado 17 de decembro ás 11 da mañá no centro sociocultural da vila.
Alegrámonos de que estes dous --seguro que magníficos-- traballlos fosen realizados por xente nova do propio concello, o que nos permite aventurar novas pescudas que acheguen un mellor coñecemento da historia e costumes destas terras.
Só queda felicitar polos seus traballos e dedicación tanto a Cristina como ás nosas exalumnas Laura e Estefanía e nada máis que esperar á publicación dos mesmos para poder botarlle un ollo aos mesmos.
Parabéns !!!     
Nota: A fotografía que acompaña a entrada é a que ilustra a nova de El Progreso e mostra ao xurado en plenas deliberacións,

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.