tag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post6491440441446361122..comments2024-03-27T12:44:33.633+01:00Comments on Friol: algo máis que pan e queixo...: Unha celebración en Xiá (1912)Algaliahttp://www.blogger.com/profile/07615307478590411910noreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post-40286335995473297612013-04-05T20:12:08.861+02:002013-04-05T20:12:08.861+02:00Vale! Graciñas Higinio.
Debeu botar ben anos Dª Vi...Vale! Graciñas Higinio.
Debeu botar ben anos Dª Vicenta como mestra alí.
Sei que debeu empezar a dar escola no 1911. A referencia inicial que tiñamos era que fora destinada á escola de Carballo.
100 alumnos dis.Iso era algo máis que vocación. Xa só en pasar lista ocuparía un bo cacho de tempo. E hoxe contamos cos dedos das mans os rapaces de Xiá na ESO , e non só de Xiá.
Repetimos, graciñas ee un saúdo
Carricobahttps://www.blogger.com/profile/13902331903895948091noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post-77700757292477807112013-04-05T16:22:45.169+02:002013-04-05T16:22:45.169+02:00Non cheguei a coñocer ós meus avós paternos, o men...Non cheguei a coñocer ós meus avós paternos, o mencionado Alcalde e a súa primeira dona,que morreron relativamente xóvens. O que si fun, durante uns meses, a escola da segunda muller do avó en Xiá, que se comportaba como unha verdadeira avoa. Naquela época, dado que a parroquía e a máis grande do Concello, e estaba moito máis poblada que hoxe, e os mestres escaseaban, atendía o redor de 100 alumnos.
A vivenda rehabilitada recentemente, que no seu día heredeu o fillo do 2º matrimonio o médico D. Angel Martínez Puga,pertence na actualidade ó seu fillo, neto do Alcalde e primo meu, D. Angel Martínez-Puga López, médico e tenente de alcalde en Baleira.
Unha forte aperta.H.M.noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post-40677352349558886072013-04-04T23:09:05.735+02:002013-04-04T23:09:05.735+02:00Agradecer a achega informativa de Higinio M. F de ...Agradecer a achega informativa de Higinio M. F de la Vega que completa a entrada.
Das festas das árbores xa hai referencias no Mondoñedo no século XVI –pasa por ser a primeira celebración dese tipo en España, e despois nun lugar de Cáceres a principios do século XIX.
A fins dese século empezaron a espallarse por España ata que se celebraron xa dun xeito institucional que como ben dis recibían o nome de "La fiesta del árbol".
Non sei se chegaches a coñecer ao teu avó (D. Ángel Martínez Neira) entendemos que a casa de Xiá sería da familia materna do alcalde. Agora a vivenda está rehabilitada e non sabemos se segue pertencendo á túa familia directa ou indirecta.
Unha mágoa o do cruceiro vello!.
Na cidade de Lugo aquel domingo 3 de marzode 1912 engalanaron a muralla para a celebración da citada festa con esmaltes con proclamas do alcalde, gobernador civil, bispo e demais autoridades.
É mágoa non ter máis referencias da celebrada en Xiá.
Un saúdo
Ah ! o que comentas do Curuxás:  No blog xa hai tempo tiñamos colgada algunha entrada falando deste fuxido e cremos que xa comentamos algunha das súas “correrías” por terra de Condes.
Descoñeciamos o feito do cura de Xiá
Aos outros comentarios só dicir que xa sabedes que interese non nos falta e ante todo grazas por seguirnos. Dános ánimos para continuar.
Miraremos de recoller máis historias.
Outro saúdoCarricobahttps://www.blogger.com/profile/13902331903895948091noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post-53147181399650768032013-04-04T22:35:22.707+02:002013-04-04T22:35:22.707+02:00Canta falla facia as historias que
aportades sobre...Canta falla facia as historias que
aportades sobre Friol. A xente do concello podevos estar ben agradecida. Un pobo sin historia non e nada.

Sobre os cruceiros da parroquia de Xiá teño oido que algúns teñen historias trágicas, que si alguen sabe delas podría contalas.

Anónimo. 4 de abril do 2013Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post-83152437570419326462013-04-04T16:15:36.811+02:002013-04-04T16:15:36.811+02:00A celebración chamada oficialmente "Fiesta de...
A celebración chamada oficialmente "Fiesta del ärbol" celebróuse en 1912 en Xiá porque era nesta parroquía de Friol, onde residía o Alcalde de Friol D. Angel Martínez Neira, máis coñecido por este 2º apelido. A súa filla Manola casou en Lugo, onde hoxe vive parte da súa descendencia. O comercio de Friol, "casa Neira" foi fundado polo seu fillo D.José Martínez Mendoza. O alcalde casou en segundas nupcias coa mestra da parroquía D. Vicenta Puga. Conchita Mouronte irmá de Paco Mouronte, foi mestre , entre outros sitios de Narla. O xoven Gerardo Corredoira tivo unha acreditada moblería na céntrica rúa de San Andrés de A Coruña.
En canto ó cura da parroquía de Xiá D. Hermenegildo Roca vivía na mesma fortaleza de S. Paio de Narla, onde foí obxecto de algún asalto por un bandolero da zoa, que creo que o nomeaban " O Cruxás", e que tiña o seu refuxio nos montes entre Friol e Toques, entre os montes Ouroso e Bocelo.H.M.noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post-88124843448471142082013-04-03T22:54:21.191+02:002013-04-03T22:54:21.191+02:00Impresionante. Moita información (de todo tipo). T...Impresionante. Moita información (de todo tipo). Toda una época. Non teño palabras; sinxelamente, indescriptible. Que... mundo! Cada quen que lea, seguro que terá moitos cortocircuitos ó ler un mundo tan cercano, e tan peculiar.Anonymousnoreply@blogger.com