tag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post6659925882509995457..comments2024-03-27T12:44:33.633+01:00Comments on Friol: algo máis que pan e queixo...: O Santuario da Nosa Señora do Ermo, CarlínAlgaliahttp://www.blogger.com/profile/07615307478590411910noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5494856432025312099.post-49017254310982048082009-03-25T19:04:00.000+01:002009-03-25T19:04:00.000+01:00Na actualidade, os portadores das imaxes son indis...Na actualidade, os portadores das imaxes son indistintamente homes ou mulleres: Na procesión deste ano a Virxe do Ermo como manda a tradición foi portada polas mulleres e a Virxe do Rosario por tres mulleres e un home.
Puidemos observar tamén os exvotos e os cartos ofrecidos á Virxe na súa capela e como "poñían o santo", como algún romeiro pasaba o pano pola cara da Virxe do Rosario para despois pasar o pano pola súa fronte.
Como unha muller , seguro por unha promesa, daba unha volta completa a capela de xeonllos.
Moitos eran os que se achegaron á fonte para beber dela e mesmo lavar a cara, non vimos a ninguén coller auga para levar.
A procesión celebrouse ao remate da Misa Maior, --1 do mediodía-- saíndo a comitiva da igrexa, dando unha volta ao redor da mesma para despois dar outra volta á capela, deixando na mesma á virxe do ermo e continuar a comitiva ata recollerse na igrexa parroquial.
Segundo nos contaron o domingo seguinte á festa, e para facilitar a asistencia, tamén se din misas.
Rematados os actos litúrxicos, empezou a festa profana coa actuación dunha orquestra multicultural.
Estes datos foron incorporados o día 25 de marzo de 2.009 data da festa da virxe do ErmoFriolhttps://www.blogger.com/profile/04762648363046402964noreply@blogger.com