Os diferentes lugares da parroquia son:
O Vilar de villar -villaris, que sería unha propiedade rural con casa e construcións adxectivas. A Abelaira que sería o abundancial do Corylus avellana. Cela, do latín cella, apunta Nicandro Ares, á existencia dun celeiro de orixe monástica?. A Pedranegra, viría dunha petra nigra latina. Por último Sucampo (sub campus): Debaixo, ou baixo o campo, que faría referencia á situación do lugar en relación co campo da igrexa parroquial.Aproveitamos para comentar aquí, o pouco coidado --por non dicir desinterese-- co que está feita a web do concello, pois ao referirse a esta parroquia -que por certo non aparece como tal-- falan de S. Paio de Sesión (sic). Lémbranos o xa ben famoso Desván de los Monjes, dalgún Conselleiro ( o consejero?) despreocupado.
Tamén indicar como o lugar de Sucampo, aparece rotulado á entrada da aldea como Subcampo, rótulo sen dúbida feito por un paladín da ortografía preconstitucional.
0 comments:
Publicar un comentario