15 xaneiro 2010

Deixémonos de dindirindainas!

Hoxe , no Centro Sociocultural de Friol estreouse a obra baixo o título "Deixémonos de Dindirindainas ! -expresión característica destas terras para indicar que non queremos que nos conten historias, que non nos veñan con andrómenas--.
Pois ben, dez foron os monólogos encadeados, os propostos polo grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo", nos que se trataron temas do momento; mesturados con pezas musicais interpetadas ao saxofón por Iago Castiñeira.
Se xulgamos o éxito da representación polo nivel das gargalladas, podemos concluír que as actrices acadaron un notable éxito. E non é para menos.
Despois de varios meses de traballo conseguiron unha posta en escena que fala, ben ás claras, do interese que poñen na actividade.
Desde esta páxina agradecer aos asistentes a súa animada participación e lembrar que mañá ás 4 e media da tarde faremos arepresentación aberta para todo aquel que desexe pasar uns momentos agradables.
Ah ! e por suposto darlle as grazas ao saxofonista e sentimos que mañá non nos poida acompañar.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.