01/07/12
16/02/10
Casa- escola na Rocha: entroido arquitectónico.




08/12/08
A fonte de S. Xiao do Carballo: Un exemplo de patrimonio arrasado
O patrimonio cultural vese continuamente atacado por unha especie de vaga vandálica que sen ningún respecto arrasa con todo o que atopa no seu camiño. Un exemplo recente témolo na fonte da igrexa de S. Xiao do Carballo. A fotografía da esquerda foi tomada no mes de maio deste ano e podemos observar como a fonte está adornada con dous pináculos de bóla sobre unha ménsula. Na fotografía da dereita, feita no mes de outubro, pódese ver como -descoñecemos a razón- desapareceron os dous pináculos e parte da ménsula. Iso si os restos do pináculo da esquerda aparecen rodeados por unha cinta de protección.
10/11/08
Internet en Friol
(Fotografía tomada en Freixido. Parroquia de Xiá)
31/10/08
Desfeita
29/10/08
Enigmas de Friol
06/10/08
Ecoloxistas piden o traslado ou a supresión dun muíño de vento que afecta á Cova da Serpe
Esta noticia apareceu publicada o 28-07-08 no Diario "El Progreso" nós resumímola
A presenza dun muíño do parque eólico de Cova da Serpe ao pé da cova do mesmo nome provocou as protestas do colectivo ecoloxista Adega, que pide o seu traslado ou supresión ao considerar que pon en perigo este elemento xeolóxico, que estaría protexido pola Lei do Patrimonio Cultura de Galicia.
Por este motivo, o colectivo ecoloxista, en cooperación coa Asociación Cova da Serpe de Friol, enviou un escrito á Delegación de Innovación e Industria de Lugo, no que reclama que se solicite da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación de Impacto Ambiental a revisión da Declaración de Impacto Ambiental", de forma que así se garanta a protección desta paraxe.