A antiga escola da Rocha hoxe permanece en espera de ser inaugurada como centro social. Un exemplo máis da reciclaxe arquitectónica tan en boga nos nosos concellos. Movidos pola curiosidade, asomamos o nariz pola ventá: de momento só é unha caixa baleira. Supoñemos e esperamos que a inauguración non espere ás eleccións municipais, ou a que A Rocha quede sen habitantes que lle dean vida. E como de momento, vida non ten, decidimos (aproveitando o entroido) poñerlle disfraces para darlle un pouco de alegría.
GRAZAS PIPA!
-
Onte visitou a nosa clase Pipa, a mamá de Ahmed!
Xuntos contaronnos un conto: Los pantalones de Luisa. Luisa, a protagonista
dende moi nena loitou polo ...
6 comments:
Vexo unha sombra algo sospeitosa na fotografía superior da esquerda.
Sóame a chiscadela.
Aínda que se pode reutilizar como xogo tipo "localice a diferenza".
Vexo que Algalia anda co espírito propio destes días.
A sombra máis ben parece un garda de asalto encapotado.
Asinado: A nai abadesa
Pois sí que tes ollo. E que a nai abadesa é un pouco meiga e aparece onde non se espera.
Custou traballo.
Ao principio tanta luminosidade e tanta estridencia deixoume dabondo abraiado para decatarme.
A verdade é que o toque de escurantismo case salva o arrepío que percorre as parroquias a xeito de Centro-socio-cultural-recolle-votos.
Un bo divertimento.
Gústame esa perspectiva da foto.
As veces teño pensado que sería interesante recoller nun censo fotográfico ese edificios que serviron de escola unitaria nos tempos franquista. Se non te fixas semella que todos son iguais, pero se empezas a comparalos polo miúdo sempre atopas diferencias (como na fotografía da sombra de entroido)
Os ha quedado muy bien !
Pero aún pintada y disfrazada, tristes eran las unitarias de la época , con su bandera , sus catecismos y su silla para el inspector de turno ... no es que os la quiera chafar es que me vienen a la memoria alguna de esas escuelas
Saludos
Douche toda a razón.
Publicar un comentario