06/10/08

A Lenda da Pena Freira ou da Pena da Moura

Esta Pena está en Condes, trátase dunha pedra moi grande posta enriba de tres pés. A Pena tiña forma circular, dise que debaixo dela viviran os romanos e que na Pena había ouro aínda que ao final non se atopou nada.

Outros din que a pena superior fora traída na cabeza por unha muller moura mentres fiaba no liño cunha roca.

Non se sabe con certeza cando ocorreron estes feitos pero debe de haber moito tempo

Algúns din que rodeando a pena había unha especie de muralla.

Unha segunda versión conta que...:

Alí viviron os mouros. Todo está recuberto de grandes pedras e alí refuxiábanse e manexaban moedas de ouro e prata. Comunicábanse con outros mouros de outros castros coma o castro de Lobengos.

As xentes dos lugares próximos tíñanlles moito medo porque, cando chegaba a noite, os mouros saían do refuxio e ían roubar ameazando á xente para que lles desen máis moedas ou cousas valiosas. A xente,aínda que lles daban o que pedían, tíñalles medo pois volvían noite tras noite, mentres que polo día refuxiábanse na pena.

Tampouco se sabe o que foi pasando con eles pero co tempo foron aparecendo moedas perdidas polo chan.

Recollida por: Cristina Cabado, Carlota Grandío e Sandra Fraga

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.