Y aún mas
-
Voy a dejar esta serie de entradas, mostrando objetos que me han
llegado durante este verano para completar "Nuestra" colección de Ephemera
Our...
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal b>. Amosar todas as publicacións
21/12/18
20/12/17
19/12/14
22/12/12
A xeito de felicitación
"Algo máis que pan e queixo" no remate dun ano que pasará aos libros de historia como o ano que aproveitaron os neoconservadores para o desmantelamento do "estado de benestar" ( escudados nunha crise que demostra o esgotamento do sistema), queremos desexarvos pasedes un bo Nadal e recuperedes forzas para afrontar un futuro que de nós depende.
Boas festas!
23/12/10
Cantos de Nadal na vila.
A pesar que o día non era o mellor para saírmos Cantar os Nadais; o animoso grupo de pandeireteiras do C.P.I. Dr. López Suárez, e as rapazas e rapaces de 1º de E.S.O. acompañados polas non menos animosas titoras e coordinadores da actividade, saíron na mañá de onte pola vila friolesa para cantarlle os reis aos veciños, que desafiando as inclemencias, foron quen de presenciar e, nalgúns casos, participar connosco da actividade.
Estamos facendo a montaxe do vídeo e en canto estea preparado colgarémolo no blog para que aqueles que non puideron, polas razóns que fosen, gozar deste cantores, poidan facelo virtualmente.
Con esta actividade tentamos recuperar unha tradición non tan afastada de nós, e que moitas veces por apatía foi deixando de celebrarse; cando, tanto desde o aspecto lúdico, como desde a óptica etnográfica ,é unha manifestación que non debemos deixar no esquecemento.
Agradecemos a todos os que nos abriron as súas portas para deixarnos entoar as panxoliñas preparadas. Aproveitamos tamén para agradecer a colaboración e participación de Liliana Castiñeira, que desde hai un tempo participa como unha máis no grupo de pandeireteiras, recuperando a práctica co instrumento e aportando ideas á actividade.
Deixamos aquí unha mostra sonora da actividade
Bo nadal.
Deixamos aquí unha mostra sonora da actividade
Bo nadal.
21/12/10
20/12/10
Das Xornadas aos Cantos do Nadal
O sábado, como estaba previsto, desenvolvéronse no Centro Sociocultural de Friol, as actividades programadas polos organizadores da Xornada de Convivencia arredor da Ruta das Feiras.
Aproveitamos a primeira parte das sesións da tarde para presentar o blog "Friol: Algo máis que pan e queixo" e para que o noso grupo de teatro puxese en escena "Deixémonos de Dindirindainas!".
O presidente da Asociación Terras de Lugo, Álvaro Santos fíxonos entrega dun agasallo ( a reprodución dun pendello, construción característica dos nosos campos das feiras) o que agradecemos desde estas páxinas.

Este ano incorporamos a algún dos cantos, algunhas estrofas ( unha recollida na parroquia de Xiá e outra na parroquia de Silvela) que achegaron os avós dos alumnos Luís Miguel Márquez Carregal e Alejandro Sánchez Estraviz.Pasan a formar parte do noso repertorio. Son dúas estrofas do clásico canto de despedida e din así:
Cantámosche os reises
canelas de cabra
Cantámosche os reises
non nos deches nada
Non nos deches nada
nin sequera cousa
de hoxe nun ano
estés baixo da lousa
Cantámosche os reises
canela de cabra
Cantámosche os reises
non nos deches nada
Aquí non nos deron,
aquí nos darán
o cu da cadela
e o rabo dun can.
As fotografías son do diario El Progreso e do blog dos Amigos do Patrimonio de Castroverde.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)