Y aún mas
-
Voy a dejar esta serie de entradas, mostrando objetos que me han
llegado durante este verano para completar "Nuestra" colección de Ephemera
Our...
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo b>. Amosar todas as publicacións
19/03/24
30/07/23
As festas de Santa Isabel (II)
Por razóns a nós alleas, na entrada que no seu momento publicamos relacionada coas festas locais, caeu o enlace á presentación que acompañaba o citado texto.
Como en datas posteriores fóronse achegando fotografías relacionadas coa Santa Isabel, refixemos a montaxe e publicámola aquí nunha entrada aparte.
Non temos datas de todas as fotos, o que si sabemos é que como mínimo hainas desde o 1957 ata o 1981 ( a primeira pode ir máis para atrás, non temos certeza)
O fondo musical está interpretado pola Banda de Valladares.
Se alguén ten interese nalgunha fotografía dixitalizada en concreto pode dirixirse ao correo do blog ( arriba a dereita hai un enlace)
De todas formas poñémolo acó terrasdefriol@gmail.com
24/05/18
Unha visión profana das aparicións das Pardellas (1949)
Continuando coa incorporación a este blog das achegas dos Obradoiros da Memorias desenvoltos na parroquia de Carballo, hoxe achegamos a peculiar visión que sobre as aparicións marianas nas Pardellas (Condes) precisamente a finais do mes de maio do ano 1949.
Aquí a tedes
Aquí a tedes
23/04/18
O 3 de maio na memoria dos nosos maiores
Deixamos aquí agora uns retallos da sesión do Obradoiro da Memoria celebrado en maio do 2014 en Carballo, e no que a veciñanza da parroquia fai lembranza destas celebracións.
Estes rituais que veñen de antigo e evidentemente foron cristianizados no seu momento, desenvólvense por toda a xeografía galega baixo diferentes advocacións.
Acordamos desta sesión do Obradoiro, que tiñamos arquivada, ao sermos coñecedores dun ritual que se leva a cabo en Laza ( concello ben coñecido polo seu Entroido e os seus peliqueiros) baixo a epígrafe do Santo Cristo que cun gran valor etnográfico seguen a celebrar nestes tempos e que xira sempre ao redor do día 3 de maio, como o noso S Benito, aínda que os tempos actuais obríganos a achegalos á fin de semana máis próxima a esta data.
Nota: A fotografía que ilustra a entrada é da romaría celebrado no ano 1964 e é dun grupo de amigos do barrio da Ponte de Lugo no S Benito dese ano. ( fotografía publicada no diario El Progreso o 3 de maio de 2014
01/02/18
Memoria do Entroido
Hoxe, Xoves de Compadres, nos inicios dun novo ciclo festivo do Entroido, incorporamos a este blog a gravación que, sobre esta festa no concello friolés, realizamos en febreiro do 2014 dentro das sesións do Obradoiro da Memoria desenvoltas en colaboración coa asociación Carballo Vivo.
Interesante documento videográfico que recolle as lembranzas dun Entroido non tan afastado no tempo. Paga a pena dedicarlle cinco minutos.
Este vídeo foi publicado inicialmente no blog Ao pé do carballo
17/05/17
17 de maio do 2017
Este 17 de maio ( e remarcamos a data porque semella que algúns aínda non a teñen moi clara) celebramos o Día das Letras Galegas na que sempre se homenaxea a algún escritor ou algunha escritora ---poucas a verdade-- sobranceiros da nosa lingua: este ano Carlos Casares.
Ao tempo, é unha data vindicativa a prol da nosa lingua, lingua cada vez con menos presenza na sociedade galega, cada vez máis agredida e cada vez máis reducida a lingua litúrxica dunha boa parte da clase política dun país á que pouco lle importa este sostén identificador do xeito de ser e estar de toda unha comunidade.
Este blog nacido no ano 2008 tivo sempre como un dos seus obxectivos de cabeceira o ser bastión desta lingua hoxe festexada, demostrando asemade a certeza de que co galego chégase a todas as partes.
O pasado sábado publicamos dentro das Xornadas de Carballo Vivo unha montaxe que reflicte, en termos xerais, a realidade patrimonial dun concello ao que chegamos a principios deste milenio e no que quedamos fartos de escoitar a cotío que "en Friol non había nada", demostrando indirectamente ese autoodio tan presente no día a día de moitos galegos.
Pasados uns cantos anos esperamos que ese desleixe, cando menos, non houbese aumentado, pero para evitar posibles esquecementos, deixamos esta montaxe na que participaron ex alumnas do colexio de Friol e que pode servir de viaxe virtual por este, ás veces, descoñecido concello friolés.
Feliz Día das Letras !
Pasados uns cantos anos esperamos que ese desleixe, cando menos, non houbese aumentado, pero para evitar posibles esquecementos, deixamos esta montaxe na que participaron ex alumnas do colexio de Friol e que pode servir de viaxe virtual por este, ás veces, descoñecido concello friolés.
Feliz Día das Letras !
18/04/15
Xornadas de Carballo Vivo ( I )
Hoxe pola mañá no marco das 3ª Xornadas de Dinamización do Medio Rural, desenvolvéronse as sesións relacionadas coa escola en tempos pretéritos.

Falar deste período é falar entre outras cuestións da innumerable presenza das escolas de ferrado: Á sociedade friolesa cumpríalle unha instrución básica á que a escola pública era incapaz de darlle resposta; de aí a proliferación de escolantes de ferrado. Escolas que coexistiron coas públicas ata ben entrado o século XX.
Non seriamos capaces de facer un listado das citadas escolas: temos referencia da d'A Laxe e o Albeiro na parroquia do Carballo; a de Samede, Torre de San Paio, Torre da Luz, Caspardo, Suouteiro e Rétede, na parroquia de Xiá; Macedo en Condes,e tantas e tantas outras que multiplicaron con seguridade as doce primeiras que aparecen recollidas no "Diccionario geográfico" de Pascual Madoz do ano 1845.
Non seriamos capaces de facer un listado das citadas escolas: temos referencia da d'A Laxe e o Albeiro na parroquia do Carballo; a de Samede, Torre de San Paio, Torre da Luz, Caspardo, Suouteiro e Rétede, na parroquia de Xiá; Macedo en Condes,e tantas e tantas outras que multiplicaron con seguridade as doce primeiras que aparecen recollidas no "Diccionario geográfico" de Pascual Madoz do ano 1845.
En próximas entradas deixaremos colgadas as presentacións que serviron de apoio ao exposto, pero nesta deixamos unha pequena entrevista feita a María Penas Varela- veciña na actualidade de Paredes (Carballo)- que nos relatou a súa experiencia como mestra de ferrado alá pola década dos corenta e primeiros anos dos cincuenta do pasado século, cando María era unha mociña alentada pola mestra da escola pública de Xiá ,Vicenta Puga Castro.
Cremos paga a pena pararse dez minutos e escoitala.
03/04/14
14/02/14
Centenario de Celestino Fernández de la Vega (1914- 1986)
Na mesma podemos escoitar na súa voz un resumo do seu pensamento e da súa vida. A verdade é que non ten perda.
25/05/12
Non o creo! (2)

A verdade é que estamos satisfeitos co traballo realizado e cos resultados obtidos. Só queda esperar uns días para facer a representación aberta para toda a comunidade, da que avisaremos con tempo suficiente.
De momento, só queda felicitar ao elenco de actrices das que podemos dicir, sen esaxerar, que con seguridade teñen futuro no mundo teatral. Ánimo e desde aquí os nosos parabéns.
Deixamos este pequeno repaso fotográfico da segunda sesión de hoxe. Máis adiante colgaremos un vídeo coa obra.
09/05/12
Romance de San Antonio na voz de Alejandro Ramos Pereira
Dentro do noso cantigueiro popular, o romance que narra os feitos milagreiros deste San Antonio, é unha peza que pola súa musicalidade, fóra xa do seu contido, é unha verdadeira xoia que nesta ocasión podemos escoitar na voz de Alejandro Ramos Pereira.
Esta cantiga que pertence ao romanceiro tradicional de todo o territorio peninsular, puidose escoitar, e aínda se escoita por toda a xeografía galega.No seu "Cancioneiro popular galego" de A. Santamarina e Dorothé Schubarth aparece recollido en diferentes lugares da nosa comunidade.
Nós, grazas á achega de Álvaro Santos Ramos deixamos esta interpretación do citado romance.
A gravación foi feita polo propio Álvaro o 20 de decembro do 2009 na casa de Laxe, no Sisto, na parroquia de Anxeriz. Contaba Alejandro 77 anos.
A gravación foi feita polo propio Álvaro o 20 de decembro do 2009 na casa de Laxe, no Sisto, na parroquia de Anxeriz. Contaba Alejandro 77 anos.
02/11/10
360 graos
![]() |
A orixe dos nosos visitantes |
Rematamos un xiro completo. Iniciamos a andaina en setembro de 2008, e con esta entrada facemos o número 360. Nelas tratamos de expoñer os diferentes perfís que conforman o noso concello.
Coincide esta, cunha valoración sobre a entrada do vídeo que sobre o programa que "Vivir cada Día ", dedicou a Friol alá polo ano 1979.
Dada a audiencia que acadou este vídeo - houbo momentos que superamos as 130 visitas no momento, cousa que nunca ocorrera anteriormente-- esperamos que á auga volvese á nai, e despois dos cincuenta comentarios deixados polos nosos visitantes, queremos facer un par de reflexións a modo de "despedida e peche" -- como facía a televisión por aquelas datas ao final da programación diaria--.
Por unha parte agradecer tanta visita e felicitármonos pola audiencia acadada. Ao mesmo tempo, agradecer a todos aqueles que vendo de interese a entrada enlazáronnos, facendo uso das boas prácticas que deben regular a praxe diaria na rede. ( Certo é, que algúns "copian e non citan", e isto xera situacións valleinclanescas, como a que vivimos nós cando chegaron a negarnos a autoría da entrada...). Pero como dicimos: Alá cada quen coa súa conciencia. Publicamos baixo unha licenza Creative Comons, e respectamos en todo momento os dereitos dos demais. Só queremos, como indica un "banner" da nosa páxina que "se copias cita", nada máis.
Por outro lado gustaríanos facer unha contextualización do programa que, se para a maioría non é necesario, se callar aclara unha situación bastante frecuente nas escolas de fins dos setenta.: Efectivamente estamos comezando a saída dunha férrea ditadura. Non hai un ano que fora aprobada a Constitución democrática ( decembro 1978), aquí careciamos de normas propias, o Estatuto de Galicia aínda tardaría un tempo. Iso no relacionado coas normas que organizan á sociedade. Sabemos que esta, xeralmente, vai a remolque sobre todo no que ten que ver cos dereitos das minorías - a día de hoxe, trinta anos despois ,temos exemplos na vida diaria que así o testemuñan--.
De Pepita Regueiro, non fai falta que digamos nada que non se saiba, só deixar este enlace que subscribimos ao cen por cen e que define perfectamente o perfil deste mestra incombustible e loitadora polos dereitos da nosa lingua.
Se acaso, habería que reflexionar sobre o pouco interese da TV pública -daqueles momentos--(como ben di unha nosa compañeira) por respectar os nosos dereitos lingüísticos, pero repetimos, non debemos esquecer a contextualización. Aínda teriamos que pasar polo intento de golpe de estado do 1981.
Aquela escola que aparece nas imaxes, onde, polo xeral, zumega o nacional-catolicismo, deu paso ,co devir dos anos, a unha institución desde a que a día de hoxe mantemos este blog, que podémosvos asegurar está ben distante dese pousos.
Xa para rematar estes 360º, agradecer a todas as persoas que se achegaron a "Algo máis que pan e queixo" e que navegaron pola nosa páxina. A día de hoxe superamos os 640.000 clics. Como non temos avoa, podemos dicir e dicimos que non está nada mal !.
Continuamos.
Xa para rematar estes 360º, agradecer a todas as persoas que se achegaron a "Algo máis que pan e queixo" e que navegaron pola nosa páxina. A día de hoxe superamos os 640.000 clics. Como non temos avoa, podemos dicir e dicimos que non está nada mal !.
Continuamos.
05/10/10
Friol en "Vivir cada día" (28 de marzo de 1979)
A finais do curso pasado achegouse ata o C.P.I. Dr. López Suárez, un equipo de RTVE coa idea de gravar un programa que completase unha reportaxe feita anos atrás e que tiña o entorno da escola do noso concello como eixo do mesmo.
Interesados como estamos en todo aquilo que a Friol faga referencia, tentamos localizar o programa que no ano 1979 se emitira, concretamente un 28 de marzo, e no que se recollía unha visión do concello que hoxe é unha verdadeira páxina de socioloxía.
Recibimos, por fin, o DVD dese programa, e aquí deixamos a parte do mesmo dedicada a Friol. Suprimimos a pé feito a cabeceira do mesmo por non querer fragmentalo e ter que manexarnos cos medios que dispoñemos que non nos permiten "colgar" vídeos de máis de quince minutos. Pero a reportaxe vai enteira.
Gustarianos saber a vosa opinión.
Agradecemos a RTVE o termos facilitado a copia da reportaxe.
20/03/10
A inauguración do Cuartel da Garda Civil.
Grazas ás fotografías que nos cedeu Elena Moreno e á información recollida no diario provincial "El Progreso" dos meses de setembro e outubro do 1.956, puidemos realizar esta montaxe, na que xogamos coa cabeceira do NODO , elemento propagandístico do réxime franquista, que baixo o título de "Noticiero Documental", era de obrigada emisión nas salas de proxección cinematográfica ,antes da película de turno.
Xa fixeramos outra entrada sobre o tema que aquí completamos.
16/03/10
Labajjo Grandío ( II )
O pasado día 14 achegámonos ata a casa-estudo que Alfredo Labajjo ten en Fondemera, Vilafiz. Aproveitamos a visita para facer unhas cantas fotografías das obras deste pintor e co mesmo fixemos un pequeno vídeo no que realizamos un pequeno paseo pola obra deste artista plástico. Xa fixemos días atrás outra entrada sobre o mesmo autor.
18/12/09
O carro.

Iniciamos o camiño cunha fotografía feita no mes de agosto do ano 1.935 : Un carro. Cando o carro era o medio de transporte imprescindible na economía imperante no país.
Neste caso a comitiva fai un pequeno descanso para posar e saír ben na fotografía que, aqueles primeiros fotógrafos ambulantes, ían recollendo por toda a xeografía galega.
Preferimos que vexades e gocedes con esta curtametraxe do ano 1941 feita por Antonio Román e que ten como narrador e documentalista ao etnógrafo galego por antonomasia Don Xaquín Lorenzo, Xocas. Evidentemente o protagonsmo da mesma é o carro. Non ten desperdicio.
Son dez minutos escasos que nos transportan a un pasado para algúns ben afastado e para outros máis achegado do que son capaces de asumir.
11/05/09
O San Benito do Carballo
A máis sonada das romarías do concello de Friol é sen dúbida esta do San Benito do Carballo que se celebra os 3 de maio. Aquí deixamos un pequeno vídeo sobre a mesma, celebrada este ano.
28/03/09
27/10/08
O son da auga
Escoitar os sons da auga, neste caso do rego do Riamonte ao seu paso por Souteiro, Xiá; achéganos a unha natureza rebosante e brincadeira que nos quere lembrar que ela é a orixe e que a debemos respectar.
Coidar a natureza, respectar as augas, en definitiva respectar o medio ambiente; debe ser un obxectivo que debería levar no seu interior calquera que se considerase ser humano.
06/10/08
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)