Hoxe rematamos a primeira quenda de representacións da montaxe "Non o creo!".
Se ao principio estabamos temerosos sobre os resultados do divertimento, podemos dicir que, unha vez máis, o éxito coroou o traballo que levamos facendo dende hai uns meses.
A verdade é que estamos satisfeitos co traballo realizado e cos resultados obtidos. Só queda esperar uns días para facer a representación aberta para toda a comunidade, da que avisaremos con tempo suficiente.
De momento, só queda felicitar ao elenco de actrices das que podemos dicir, sen esaxerar, que con seguridade teñen futuro no mundo teatral. Ánimo e desde aquí os nosos parabéns.
Deixamos este pequeno repaso fotográfico da segunda sesión de hoxe. Máis adiante colgaremos un vídeo coa obra.
1 comments:
Todo un éxito , me alegro muchisimo si la presentación me puede dar una idea ... espero ver el video cuando lo publiqueis.
Enhorabuena a actrices ,actores y animadores de la actividad de testro que no me pierdo desde hace ya unos años.
Publicar un comentario