Achéganse as vacacións, pero o grupo de teatro aínda ten pendente unha representación á que convidamos a todos os membros da comunidade educativa e a todos aqueles que , aínda non pertencendo á mesma, desexen pasar un tempo con nós botando, con seguridade unhas risas. Neste tempos que corren non é pequena a oferta que facemos...
Así que xa sabedes, se queredes, este domingo --si ledes ben !-- día 17 ás cinco e media da tarde na Torre de San Paio representamos "Non o creo!".
Esperámosvos
0 comments:
Publicar un comentario