O próximo día 21 de febreiro, venres, ás 16 horas, catro da tarde, no local da Asociación Carballo Vivo --antiga escola de Carballo--terá lugar a segunda sesión do Obradoiro da Memoria que se puxo a andar a finais do pasado ano cunha primeira xuntanza, ben amena, celebrada o pasado 13 de decembro.
A esta sesión estades convidados todos e todas os que esteades interesados en lembrar vellos costumes, historias locais, contos, tempos de mocidade, de traballo, de festas... en definitiva achegar o voso grao de area a un proxecto que está nacendo e que está aberto a todos aqueles que queiran participar.
Desde logo, aseguramos historias das que seguro teredes oído falar, ou mesmo teredes participado nelas.
Concretamente tiraremos do fío do Entroido dado que xa está aí á volta da esquina e seguro máis de un lembra algunha entroidada ou carnavalada digna de contar.
Esperámosvos.
0 comments:
Publicar un comentario