Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro da Memoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro da Memoria. Amosar todas as publicacións

24/05/18

Unha visión profana das aparicións das Pardellas (1949)

Continuando coa incorporación a este blog das achegas dos Obradoiros da Memorias desenvoltos na parroquia de Carballo, hoxe achegamos a peculiar visión que sobre as aparicións marianas nas Pardellas (Condes) precisamente a finais do mes de maio do ano 1949.
Aquí a tedes

Seguir lendo...

04/12/17

Obradoiros da memoria (I)

Dentro do proxecto desenvolvido estes anos atrás, fixeramos un oco para escoitar a voz dos nosos maiores, contando coa colaboración da Asociación Carballo Vivo
En sesións distendidas nas que se mesturaban cafés e lembranzas, a propia veciñanza da parroquia de Carballo foi achegando os seus recordos e vivencias que foron recollidos e serviron para documentar algunha das sesións das Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural e nalgún caso para publicar pequenos vídeos no blog Ao pé do Carballo.
A día de hoxe consideramos que estes vídeos deben ocupar un  espazo neste caderno pois , sen dúbida son parte importante da memoria do concello.
Hoxe incorporamos este primeiro que no seu momento foi publicado baixo o título de "O meu outono" ( publicado o 28 de marzo de 2014)

Seguir lendo...

13/04/14

Remataron as Xornadas de Carballo Vivo

Onte remataron as "2ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural" que por segundo ano organizou a Asociación Carballo Vivo da parroquia friolesa de S. Xiao do Carballo.
As actividades foron un éxito de participación,  cousa nada doada neste tipo de actividades; éxito debido ao esforzo, dedicación e interese da directiva da citada Asociación que cada ano que pasa sorpréndenos polo seu dinamismo, implicación e entusiasmo. Habería que tomar boa nota dos seus feitos.
Como sabedes nós achegamos o noso gran, coa intervención o pasado sábado día 5 na sesión "Obradoiro da Memoria: iniciando o camiño" na que fixemos unha presentación que servise como encadre dunha época que se corresponde coa infancia e mocidade dos participantes no citado obradoiro, botado a andar nas Xornadas do ano pasado. Deixamos aquí a citada presentación. 
Só queda felicitar aos organizadores, aos diferentes relatores e relatoras e por suposto, cremos o máis importante, a todas e todos os que asistiron ás mesmas.Haberá que ir pensando nas próximas.


Seguir lendo...

13/02/14

Obradoiro da Memoria: 21 de febreiro, venres

O próximo día 21 de febreiro, venres, ás 16 horas, catro da tarde, no local da Asociación Carballo Vivo --antiga escola de Carballo--terá lugar a segunda sesión do Obradoiro da Memoria que se puxo a andar a finais do pasado ano cunha primeira xuntanza, ben amena, celebrada o pasado 13 de decembro.
A esta sesión estades convidados todos e todas os que esteades interesados en lembrar vellos costumes, historias locais, contos, tempos de mocidade, de traballo, de festas... en definitiva achegar o voso grao de area a un proxecto que está nacendo e que está aberto a todos aqueles que queiran participar.
Desde logo, aseguramos historias das que seguro teredes oído falar, ou mesmo teredes participado nelas.
Concretamente tiraremos do fío do Entroido dado que xa está aí á volta da esquina e seguro máis de un lembra algunha entroidada ou carnavalada digna de contar.
Esperámosvos.

Seguir lendo...

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.