As actividades foron un éxito de participación, cousa nada doada neste tipo de actividades; éxito debido ao esforzo, dedicación e interese da directiva da citada Asociación que cada ano que pasa sorpréndenos polo seu dinamismo, implicación e entusiasmo. Habería que tomar boa nota dos seus feitos.
Como sabedes nós achegamos o noso gran, coa intervención o pasado sábado día 5 na sesión "Obradoiro da Memoria: iniciando o camiño" na que fixemos unha presentación que servise como encadre dunha época que se corresponde coa infancia e mocidade dos participantes no citado obradoiro, botado a andar nas Xornadas do ano pasado. Deixamos aquí a citada presentación.
Só queda felicitar aos organizadores, aos diferentes relatores e relatoras e por suposto, cremos o máis importante, a todas e todos os que asistiron ás mesmas.Haberá que ir pensando nas próximas.
0 comments:
Publicar un comentario