Dentro do proxecto desenvolvido estes anos atrás, fixeramos un oco para escoitar a voz dos nosos maiores, contando coa colaboración da Asociación Carballo Vivo.
En sesións distendidas nas que se mesturaban cafés e lembranzas, a propia veciñanza da parroquia de Carballo foi achegando os seus recordos e vivencias que foron recollidos e serviron para documentar algunha das sesións das Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural e nalgún caso para publicar pequenos vídeos no blog Ao pé do Carballo.
A día de hoxe consideramos que estes vídeos deben ocupar un espazo neste caderno pois , sen dúbida son parte importante da memoria do concello.
Hoxe incorporamos este primeiro que no seu momento foi publicado baixo o título de "O meu outono" ( publicado o 28 de marzo de 2014)

0 comments:
Publicar un comentario