Parece que as cousas ben feitas, máis tarde ou máis cedo, acadan o recoñecemento que todo labor agradece.
Moito levamos feito, trebellado e modificado e moito máis queda por facer. Agasallos deste tipo son un bo revitalizante para continuar, se cabe, con máis gana o traballo iniciado tan só hai uns meses.
Que a proposta de distinción , veña ademais dos veciños da Ponte Vella de Rábade, non deixa de ser un "plus" para os que isto escriben, pois xa hai tempo, algún de nós compartiu aulas con algúns dos administradores dese blog.
Agora para cumprir coas normas que acreditan o ser maneiros de pleno dereito, formulamos as condicións necesarias para ser tal:
-- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
-- Exhibir o nome do blogue que concedeu o premio.
-- Indicar outros 10 blogues propostos para seren maneiros.-- Comunicar o premio aos blogues seleccionados.
-- Publicar as regras.
-- Comprobar que os blogues premiados seguen as normas.
Queda tan só propoñer como blogs maneiros aos seguintes:
7 comments:
Que un blog tan ben elaborado como é o voso, e no que se amosa con tanto mimo e cariño o amor polo seu pobo se lembre do meu recuncho resulta moito máis que unha honra.
Que non vaia exhibilo no meu blog non quer dicir que non o agradeza de veras. E que autoimpúxenme esa norma dende un primeiro e, xa sabedes, se un non cumple as suas propias leis...malo malo.
Reitero o meu agradecemento, e -eso sí- quedades linkados na Chousa.
Apertas veciñais e moito ánimo para continuar con esta calidade o voso traballo cara o mundo.
É unha pasada este blog. Tamén quedades linkeados e prometo visitaros a partir de agora. Gústame moito a vosa terra e teño dado largos paseos pola Serra da Cova da Serpe (aínda que a cova sexa un timo, je je je). Bicos e encantada.
Moi agradecido e tratarei de corresponder vindo máis amiúdo por esta páxina tan interesante e coa que comparto obxectivos e intereses. Terei que aprobar a asignatura de coñecer mellor a terra de Friol insitu, só pasei en dúas ocasións, unha camiño de Sobrado e outra para ver o castelo de Narla.
Moitas apertas.
Agradecid@s pola distinción. Xa estades "linkeados" dende hai tempo no noso Blog: www.coladodovento.blogspot.com
Un saúdo dende Sober.
Como hei-de agradecer?
Muito muito obrigada pela nomeação.
Só que agora fico com um problema. Como vou escolher 10 blogues?
Posso não cumprir esta parte?
Abraços
:))
Moi agradecida pola nominación pero xa sabedes que eu só publico cousas sobre A Ulloa e senón me limito pérdome.
Estou coa Lúa (qué marabilla de blogue!) neso de que elexir dez blogues...uf!
Gustoume moito o blogue de Sober (os seus petroglifos...só coñezo catro deles, e mira que hai!)
Apertas e gracias de novo.
É realmente unha honra para estar nesta listaxe de Maneiros, acompañado duns blogues tan interesantes, tan superiores ao meu cativo recuncho... Moitas grazas!!!
Publicar un comentario