Este 17 de maio ( e remarcamos a data porque semella que algúns aínda non a teñen moi clara) celebramos o Día das Letras Galegas na que sempre se homenaxea a algún escritor ou algunha escritora ---poucas a verdade-- sobranceiros da nosa lingua: este ano Carlos Casares.
Ao tempo, é unha data vindicativa a prol da nosa lingua, lingua cada vez con menos presenza na sociedade galega, cada vez máis agredida e cada vez máis reducida a lingua litúrxica dunha boa parte da clase política dun país á que pouco lle importa este sostén identificador do xeito de ser e estar de toda unha comunidade.
Este blog nacido no ano 2008 tivo sempre como un dos seus obxectivos de cabeceira o ser bastión desta lingua hoxe festexada, demostrando asemade a certeza de que co galego chégase a todas as partes.
O pasado sábado publicamos dentro das Xornadas de Carballo Vivo unha montaxe que reflicte, en termos xerais, a realidade patrimonial dun concello ao que chegamos a principios deste milenio e no que quedamos fartos de escoitar a cotío que "en Friol non había nada", demostrando indirectamente ese autoodio tan presente no día a día de moitos galegos.
Pasados uns cantos anos esperamos que ese desleixe, cando menos, non houbese aumentado, pero para evitar posibles esquecementos, deixamos esta montaxe na que participaron ex alumnas do colexio de Friol e que pode servir de viaxe virtual por este, ás veces, descoñecido concello friolés.
Feliz Día das Letras !

0 comments:
Publicar un comentario