![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj6tk-5hmhk1CaabS4VZZtv1yx9eqnns1Pb0p2Pup2cGsqQ8ecZyQeojRkI99ibHPyDgSdAIyQkESWPQisXz6mpqj85_NZpz0LCkeP1BoHVik7sP3jdJHql1CvtUFmVJOJRuDVpyB1anuk/s200/angel_martinez_fdez_dl_vega.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiTeV7ktzKrc7GWxe2__l2Mco11-PEVWuzAhTY7DpS1eZzrCUwzLTTGpU04yWVS0YEajmw-luW4DbrIEapc4jzLo_c7qxnCwbFRDizTtatlfUkZV815KRDRrmsf0-WawdTVPvpiE5_Mko4/s200/portada.jpg)
Ángel Martínez Fernández de la Vega, xornalista de profesión, traballou no diario provincial “El Progreso” dende o ano 1958. Máis adiante, no ano 1970, asume o posto de redactor xefe , xubilándose en 1.995.
Foi asemade director da publicación “La Hoja del Lunes”, editada pola mesma empresa e con carácter eminentemente deportivo. Esta publicación nacida no ano 1962 tivo unha vida relativamente curta, pois no ano 1987 deixou de publicarse ao ser o propio “El Progreso” o que editaba e publicaba a información dese día.
Tamén sabemos que foi director do semanario viveirense “ El Heraldo de Vivero” durante moitos anos. A día de hoxe na páxina de comunicación da Xunta aínda figura como director do mesmo. --descoñecemos se a páxina está actualizada--
Ángel de la Vega , como gusta ser chamado, é o autor da única Guía editada ata o momento do concello de Friol. Neste libro da editorial Everest, fai un percorrido polo pasado e presente de Friol -- este é o título da publicación--co cariño e gran coñecemento de quen é fillo desta terra. Foi publicado no ano 1995.
Tamén publicou un libro sobre Fole, baixo o título “Anxel Fole. 101 anécdotas”, nel recolle os aspectos máis humanos de D. Ánxel, aproveitando o gran coñecemento que tivo do autor de "A lus do candil", por teren compartido durante moitos anos, redacción do xornal e amizade.
0 comentarios:
Publicar un comentario