19/11/08

Os Fernández de la Vega

Iniciamos as entradas relacionadas con este apelido, falando de Higinio Fernández de la Vega, pai do ensaísta Celestino Fernández de la Vega do que falaremos máis adiante.
Higinio nace en Castroverde no ano 1862. Estuda Dereito en Santiago de Compostela para, anos máis tarde, exercer de notario aquí no concello de Friol. Morre no ano 1948.
É moi coñecida a súa actividade versificadora da que queda constancia en diferentes publicacións de fins do século XIX e principios do XX.
Baixo o pseudónimo de Pepe das Festas ou ben coa súa sinatura, publicou unha chea de poemas en lingua galega.
Nós, tivemos acceso ás súas publicacións ao través do "Somanario de intreses rexionales e literatura: A Monteira", publicado en Lugo nos anos 1889 e 1890. É neste semanario onde , con mestría e fino humor, critica e opina sobre os asuntos municipais, do estado e mesmo sobre os temas cotiás.
Se queredes seguir lendo aquí tedes uns versos do autor:

CAEUME A LOTERÍA

Eu tiña unha rapaza
que me decía
Que sempre lle tocaba
a lotería
“Caéronme dez pesos
a vez pasada,
Y-a ti que nunca xogas
non che cai nada.
Anda xoga e de fixo
che cai o gordo”
Y-eu escoitandoa sempre
facend’o xordo.
Mais como o demo as veces
nos compromete,
Fun e merquei un día
medio billete.
Fíxenme dez mil veces
as ilusiós
De coller moitos miles
moitos millós.
E por fin animado
co meu deseo
Chegóu pasados días,
o d’o sorteo.
A maldita impaciencia
n-ay quen resista
E voteime pr’a calle,
merquei a lista.
Y-ô mirala con medo
¡ ay que emoción!
Caeronme dous gatos
Desde un balcón

2 comments:

Anónimo

Pois é.....

Anónimo

Pois é unha mágoa que non deixases un comentario.
Mais a liberdade das ondas todo o permite.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.