Onte remataron as V Xornadas de interpretación e dinamización do medio rural organizadas por Carballo Vivo. Despois de dúas fins de semanas consecutivas nas que se abordaron a problemática do lobo e a enfermidade do Alzheimer entre outras actividades, onte levouse a cabo a terceira sesión das Xornadas facéndoa coincidir coa celebración do Día das Letras Galegas.
Así puidemos asistir á montaxe teatral de Isabel Risco, que se a temos que xulgar polo interese do público e os aplausos recibidos foi todo un éxito, e á non menos exitosa presentación do incipiente grupo de teatro que a propia asociación friolesa está poñendo en marcha.
Aínda que a peza foi moi breve, puidemos constatar que hai madeira e que coa afouteza e valentía que caracteriza á xente de Carballo Vivo, seguro que se vai consolidar como outro eixo de traballo da citada asociación.
Rematou a sesión con música tradicional a cargo do grupo A Fonte de Merlán.
Non nos toca a nós avaliar o resultado das xornadas pero, desde logo, o que si podemos dicir é que lembrando o Imagine de Lennon que soou nunha das sesións non poderiamos imaxinar a día de hoxe o concello friolés sen Carballo Vivo.
Nota: As imaxes reflicten diferentes momentos da sesión de onte.
Nota: As imaxes reflicten diferentes momentos da sesión de onte.
0 comments:
Publicar un comentario