Lebre ©Shutterstock |
A raíz da publicación da entrada na que falamos de J. María Longarela veciño do barrio da Pena de San Martiño de Cotá (ver ligazón) e vía Brais Rodríguez Romero, soubemos do nome da casa deste veciño friolés:A Libureira. Sonoro nome que nos chamou a elaborar este texto.
Segundo nos comentou Brais, o da Libureira vén de vello, pois segundo o Longarela xa a súa bisavoa era coñecida pola Libureira ( e estamos falando dun informante cos noventa anos ben sobrepasados).
É curioso que nas guías telefónicas do concello feitas pola rapazada do colexio friolés a fins dos noventa ( nós posuímos as dos cursos 1996/97 e 1999/2000) non apareza referida a citada casa con ese nome: nunha delas só aparece o nome do propietario e na máis recente aparece como Casa do carpinteiro; porén a veciñanza recoñece axiña a casa pola Libureira ( comprobámolo estes días).
Xa dixemos noutro lugar que os nomes das casas agochan verdadeiras historias e tesouros.
Códice Calixtino (Arquivo Catedral de Santiago) |
A nosa Libureira podemos pensar que é derivación polo peche tanto do “e” como do “o” pasando de leboreira a libureira.
Fenómeno vocálico que tamén está presente na parroquia de Narla.
Casa do Tuxaleiro |
Todos, na fala, facemos referencia á *Purreira cando citamos a casa do Tuxaleiro ( hoxe no candeeiro, polo traballo de Cristina Barreiro ao que facíamos alusión na entrada anterior, por ter elementos arquitectónicos renacentistas). Pois ben, *A Purreira como abundancial de porros (allium porrum) os allos porros, aclaramos, debería ser, e así o recolle o Nomenclátor, A Porreira.
Ao igual co nome da casa Tuxaleiro que para ben ser deberiase falar de Toxaleiro pois aos toxos fai referencia.
O por que do nome na Pena? Pois calquera hipótese é posible.
Casa de Mantelle (Miraz) |
Existe a posibilidade que esta Libureira da Pena fose casa de alguén que se asentou en Cotá vindo dunha outra Leboreira (por exemplo da de Guldriz ( a poucos quilómetros) ou doutras que atopamos no concello de Palas de Rei ( Augas Santas e A Repostería).
Pero só é unha hipótese, a verdade que imos quedar sen saber a orixe do nome ( polo menos de momento)
Só queda agradecer a Brais Rodríguez polo fío!
0 comments:
Publicar un comentario