15 decembro 2010

Xornada de Convivencia arredor da Ruta das Feiras

O Grupo de Desenvolvemento Rural "Terras de Lugo" organiza o próximo sábado día 18, no Centro Sociocultural de Friol, unha "Xornada de Convivencia arredor da Ruta das Feiras" (ver información máis ampla premendo aquí.)
Dentro da programación da citada Xornada, nunha pequena intervención presentaremos o noso blog aos participantes na mesma.
Aproveitando a invitación, o noso grupo de teatro do C.P.I. Dr. López Suárez, representará a montaxe teatral "Deixémonos de Dindirindainas! ( II ).
Queremos agradecer a xentileza dos xestores deste GDR, que aproveitaremos para dar a coñecer aos seus asociados, o traballo que levamos facendo nestes últimos tempos, que queda reflectido e conforma este blog.   

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.