10 agosto 2023

Os premios de investigación histórica, cultural e etnográfica


 Días pasados, nunha conversa con Jesús Rodríguez (USC) saíron polo medio os premios de investigación sobre Friol  e o seu dominio público a  través dos enlaces na páxina web do concello friolés.

Desde os seus inicios seguimos estas convocatorias, aledándonos do interese e alta participación que xeraron os citados premios promovidos pola  Asociacíón Carballo Vivo  e a colaboración da USC e o Concello de Friol.

Nestes "séculos escuros" nos que estivo este blog estes anos atrás houbo novas convocatorias e mesmo editáronse en papel os citados premios en dous volumes.

Neles recóllense os traballos premiados. 

Lembramos no I Premio foron:

A arquitectura renacentista de índole civil e relixiosa en Friol  de Cristina Barreiro Abuín

Toponimia do Concello de Friol de Laura Ferro Devesa e Estefanía Pena Ferro

Na II convocatoria os traballos premiados foron:

As mámoas e os petróglifos do concello de Friol de Brais Rodríguez Romero e Xabier Moure Salgado

Friol prehistórico. Un estudo dos petróglifos, túmulos e castros do concello de Friol de Ana Fariñas Rodríguez

Estes catro traballos de investigación aparecen no volume I.

No segundo volume quedan recollidos os gañadores da III edición que foron

Friol como paradigma  de estudo do románico rural galego de Alberta Lorenzo Aspres

Catalogación etnográfica do patrimonio hidráulico de Friol. Os muíños de Cristina Abuín Barreiro e María del Carmen Prado Penas

Para facilitar o acceso aos citados traballos deixamos aquí os enlaces correspondentes e colocaremos en lugar preferente deste caderno dixital o acceso permanente aos mesmos .

Volume I

Volume II 

Só queda agardar novas convocatorias para promover traballos que profundicen e poñan en valor o pasado friolés. 

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.