Concerto da Banda das escolas mancomunadas en Friol |
Esta entrada xorde ao sermos coñecedores do concerto que a Banda das escolas mancomunadas de música de Rábade, Outeiro de Rei, Begonte e Friol, desenvolveu o pasado domingo día 7 de abril na praza friolesa de Andón Cebreiro con notable éxito.(As fotografías que acompañan esta entrada foron facilitadas por Melani Coedo).
O interese pola creación de bandas de música municipais e mesmo parroquiais no derradeiro terzo do século XIX e primeiro do XX propiciou con seguridade que o concello friolés tentase a creación da "Lira de Friol" banda que deu os seus primeiros pasos en abril de 1936.
O 18 e o 19 dese mes celebráronse unhas festas que serviron de estrea para a citada formación ( no Diario de Galicia "Alborada" de 16 de abril de 1936 dábase cumprida conta das festas organizadas con motivo da constitución da citada Banda).
Polo que intuímos deberon ser os primeiros pasos e tamén os últimos. Achegábase o golpe de estado franquista, a destitución da corporación municipal impulsora da posta en marcha da agrupación musical e entendemos que non foi posible continuala. (Non atopamos de momento máis referencias á Lira de Friol, mágoa!
As bandas de música eran un elemento fundamental nos tempos en que eran de necesaria presenza nas festas co protocolario pasarrúas que iniciaban as mañás festeiras. Pouco a pouco foron desprazadas polas orquestras ( menos numerosas e máis fáciles de desprazar). Resisten algunhas e estanse recuperando e creando outras. Esperemos que esta Banda das escolas de Rábade teña permanencia no tempo o que sería de agradecer para axudar a lle facer fronte a certos tipos de ritmos invasores e invasivos que agriden o bo gusto musical.
Nerea Cobas nunha das súas actuacións na TVG |
Gran Teatro ( La Voz de Galicia) |
Jesusín, nome artístico de Jesús Iglesias Torres, era un rapaz de dez anos que bordaba as cancións de Joselito, o seu ídolo, e en xeral calquera canción das chamadas "españolas".
Tal foi o éxito acadado que con ocasión da entrega de premios, digamos que como contraprestación ( tan usual naqueles tempos) levárono ata o Goberno Civil onde lles cantou ás fillas do propio gobernador (segundo recolle a prensa provincial).
O triunfo no Micrófono de Oro abría as portas , sobre todo aos gañadores a poder participar en diferentes festivais artísticos que ben a a propia Radio Lugo ou o citado Gran Teatro organizaban con relativa frecuencia.
0 comments:
Publicar un comentario