22 novembro 2008

Polafía en Friol


Hoxe, 22 de novembro, sábado, ás 6 da tarde na Torre de San Paio desenvolverase unha polafía coa intervención de Antón Castro -compoñente de "Fuxan os Ventos" -, Álvaro do Sixto, Isidro Novo e Antonio Reigosa (ben coñecido entre nós por se-lo autor de "Memorias dun raposo") Participarán tamén veciños e veciñas da zona.
Desde esta páxina convidámosvos a todos a pasar uns momentos agradables escoitando á voz da nosa memoria.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.