22/11/08

Un roubo aclarado por se o inferno...

Dentro do mundo das crenzas , o tema da morte é, sen lugar a dúbidas ,o que xera máis incertezas. Un transo que ninguén quere pasar de bo grado , pero que dende o punto de vista da dialéctica é inevitable. Así, cada un coa axuda da súa cosmogonía, afronta o feito de xeito diferente. Claro que o enfoque que lle dá a relixión católica é o predominante.Tanto é así que este sucedido que aquí narramos ( omitimos detalles que perturbasen o anonimato) é un fiel reflexo do que contamos.
Tempo atrás nun lugar do concello, produciuse un roubo de escasa importancia ( a importancia dun roubo sempre é valorada de distinto xeito dependendo do lado no que esteas) que nunca fora aclarado. As indagacións que fixeron os que o sufriron remataron sen resultado ningún.
Pasado o tempo, moito, morreu un veciño nese lugar. Logo duns meses a viúva achegouse á casa que sufrira o roubo , para confesarlle á súa ama que fóra o seu home o do roubo e que o tiña que perdoar, pois estando onde estaba non quería que ao defunto nada malo lle pasase. Así por vía "celestial" chegouse a aclarar o suceso.
A historia podía continuar pero sería dar datos que descubrirían o feito que queremos manteña o anonimato.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.