O retablo hoxe está desprazado da súa 'ubicación' orixinal: detrás do altar maior. Cando se decide restauralo é cando se descobren as pinturas da ábsida, polo que hoxe ocupa o muro norte da nave. Estilisticamente, o retablo de Santa María de Carlín, encádrase no primeiro terzo do S.XVIII, polo tanto anterior ó retablo da ermida analizado na anterior entrada. Jaime Delgado ("La iglesia de Carlín (Friol) y su interés histórico y arqueológico", Lucensia, Vol. 18, nº 37, 2008) di que é de mediados do S. XVIII. Non sabemos en que funda esta precisión, aínda que podería ser: as pautas estilísticas son pistas, non necesariamente normas, e, especialmente nas zonas rurais, as novidades implantábanse con máis lentitude. Para nós, e a falta de apoio documental, é máis ben do 1º terzo. Segue as formas difundidas polo círculo de Domingo de Andrade: columnas salomónicas de tres voltas e media, decoradas con motivos eucarísticos, como pámpanos e acios de uvas, que neste caso presentan a particularidade de estar sendo petiscadas por pombas (detalle tamén presente noutros retablos galegos coetáneos).
Os retablos desta época e que seguen a pauta de Andrade, caracterízanse polo escaso movemento en planta (o dinamismo espacial irase impoñendo a partir do 2º terzo do S.XVIII) e por un aspecto máis unitario do conxunto. (Sobre a evolución do retablo galego véxase Dolores Villaverde Solar: "La evolución del retablo barroco en Galicia". Universidade de A Coruña).
O aspecto festivo da arte litúrxica barroca reflíctese nesa viva policromía de dourados, vermellos, azuis e verdes. O retablo está dividido en tres rúas con fornelas: a fornela esquerda acolle as figuras de San Xosé e o Neno; a dereita debeu perder as imaxes; e a central acolle a Virxe do Rosario (na fotografía, con manto vermello, en espera de ser sacada en procesión).
O entaboamento presenta roturas que non chegan a quebrar o aspecto unitario do retablo. O ático remata con dúas volutas que enlazan co corpo central. Este ten forma de 'templete' e remate superior en frontón. O panel central presenta un traballo cromático que parece imitar un xaspeado con vetas verdes e grises, recurso habitual para dar aparencia de riqueza.
O repertorio ornamental segue, unha vez máis, o que Andrade difundiu desde Santiago: sartas vexetais e froitas (carnosas peras douradas), grandes follas e flores douradas, volutas enroscadas, xogos de curvas e contracurvas nos extremos laterais....
O retablo aséntase sobre unha predela que se abre no centro para albergar o sagrario-expositor, rompendo a horizontalidade da base ó prolongarse cara abaixo. Desta forma conséguese dar protagonismo a este elemento. O decoro na arte eclesiástica recomendaba situar a eucaristía no lugar máis digno e excelente, ser destacado cunha elaborada decoración e pechado sólidamente. (Sobre os sagrarios-expositores: Dolores Villaverde Solar, "La eucaristía en el arte gallego: los sagrarios-expositores". Universidade de A Coruña).
Para privilexiar a atención do espectador no sagrario, este aséntase sobre unha base propia e ondulada, e adopta a forma dun pequeno 'templete' autónomo. Os dourados están omnipresentes. A custodia tallada na porta ten forma de sol radiante, e aparece acubillada baixo un arco ricamente decorado. O conxunto flanquéase con dúas columnas salomónicas e remata nun ático ondulado.
En canto a imaxinaría, só nos queda falar da imaxe de San Xosé e o Neno (sobre a Virxe xa publicamos). Di Jaime Delgado que probablemente "es anterior al retablo". Non sabemos en que se apoia, porque a nós parécenos da mesma época, de feito ten a mesma paleta cromática (os ocres, azuis e vermellos son idénticos ós do retablo, e case diríamos que foi pintado polo mesmo artífice). É certo que San Xosé e o Neno seguen a iconografía consagrada por Gregorio Fernández (S.XVII), como santo protector e guía do Neno Xesús, pero tamén é certo que esta iconografía mantense ata ben entrado o S. XVIII.
Antes de Gregorio Fernández, San Xosé era representado raras veces e como ancián, seguindo a tradición das Sagradas Escrituras e salvagardando os receos dos teólogos en presentar un matrimonio virxinal. Pero a partir do Barroco, San Xosé adquire protagonismo e faise máis novo. O San Xosé de Carlín responde a este tipo. Ten unha actitude de protección cara ó Neno, a quen estende a súa man. Os dous rostros mostran un xesto amable típico do S.XVIII, como tamén son típicos da época os minuciosos bucles do cabelo e os matices rosados das meixelas. San Xosé sostén un báculo, en alusión á vara que florece no Templo cando é elixido como esposo de María. Case sempre, as flores representadas son lirios, símbolo de pureza e virxindade, pero neste caso figura unha flor única no extremo superior.
Como é habitual na arte rural, non temos constancia de quen foi o autor (ou autores). Os documentos de encargo e execución de obras son unha rareza nestas pequenas igrexas parroquiais.

1 comments:
Esqueceusenos dicir que o complemento ornamental das columnas de paxaros petiscando nas uvas, é bastante habitual nos retablos portugueses e do sur de Galicia (Folgar de la Calle: La influencia portuguesa en los retablos de Galicia. Universidad de Santiago). De feito, é unha particularidade de Castro Canseco, quen, segundo Martín González, ten unha "clara filiación estilística que le liga a Portugal". Castro Canseco foi un artista moi activo entre 1693 e 1724, de orixe leonés, pero que en 1692 residía en Melide e traballou en Sobrado. Con isto, non queremos suxerir que o retablo de Carlín sexa de Castro Canseco (de feito, o estilo non o parece), pero tal vez sí de algún artista menor do seu círculo. Ademais, sabemos por actas notariais de artistas do S.XVIII e publicadas polo Boletín do Museo Prov. de Lugo, que houbo algún artífice portugués traballando en Lugo, como Manuel Ferreira, natural de Braga e localizado en Lugo desde 1671 a 1722.
Publicar un comentario