Dise que "o mundo é un pano", e iso é algo que podemos constatar a miúdo nesta ‘aldea global’ na que nos movemos.
Resulta que xa falamos noutras entradas de Celestino Fernández de la Vega, de Xesús Corredoira e de Ángel de la Vega, e citamos en todas elas a Ánxel Fole.
Hoxe imos pechar o círculo. Don Ánxel era fillo de nai friolesa: Benita Sánchez Corredoira. Nunca, o autor de "Terra Brava" falou da súa nai, nas múltiples entrevistas que lle fixeron sobre aspectos biográficos. Mentres se estendía falando da súa familia paterna (de grande avoengo), da súa nai só lle chega a comentar a Carlos Casares , que pertencía a”unha familia modesta, sen o interese do meu bisavó paterno,…”.
Pero a Friol, segundo relata o citado Ángel de la Vega, tíñalle especial querencia, máis ben ás terras de Ousá e Anafreita. No libro Ánxel Fole: 101 anécdotas, relátase como Friol estaba entre os lugares preferidos polo autor cando de xantar cos amigos do diario “El Progreso” se trataba.
Cando ía a Friol gustáballe ao escritor pasar polas citadas terras de Ousá "para recrearse na paisaxe daquela parroquia pola que sentía unha grande admiración. Dende Ousá baixaban ata Cotá e Friol(...)
A chuvia miúda que dende a cima da Serra do Cordal de Ousá pintaba unha paisaxe marabillosa, aínda que non deixaba apreciar en toda a súa grandeza as largacías terras daquel contorno, facíalle exclamar a Fole:
--A chuvia é a salsa da vida de Galicia
E erguía os brazos con admiración, como un predicador calquera, nun xesto moi peculiar seu"

Con Cilistro, xa o comentamos, compartía amizade e tertulia no Monterrei e na antiga cafetería do Méndez Núñez , na cidade luguesa.
De Corredoira xa citamos a súa estadía nunha casa do pintor -- supoñemos habería algún lazo familiar polo lado materno-- no Carril dos Loureiros.
A fotografía que acompaña esta entrada está sacada do libro de Carlos Casares (1.984) Conversas con Anxel Fole. Na mesma aparece Fole con Celestino Fernández de la Vega e Luis Pimentel, entre outros, no patio da torre de San Paio de Narla o 21 de xuño do 1.956.
0 comments:
Publicar un comentario