Ano a ano a poboación do concello vai diminuíndo sen que se albisquen perspectivas que modifiquen esta sangría.
Das máis de 10.000 persoas que, alá polos anos 40 do século pasado, residían en Friol, hoxe falamos de bastante menos da metade. Cos últimos datos que posuímos : 4504 habitantes.
Nótase esta diminución no centro escolar: Cada vez hai menos nenos. Nótase no Centro de Saúde: Cada vez hai máis doentes.
Unha pirámide de poboación totalmente invertida reflicte claramente esta problemática.
Esta situación xera que cada vez haxa máis núcleos despoboados. Na actualidade, o I.N.E., fala de 22 núcleos abandonados. Un destes lugares é A Cafúa na parroquia de S. Martiño de Bra.
Ou se buscan alternativas reais para fixar a poboación no medio rural ou isto vai ter difícil amaño.
0 comments:
Publicar un comentario