
O peto de ánimas de Cotá está situado nunha praza fronte á igrexa. Trátase dun peto de cantaría moi sinxelo, cun corpo central rectangular composto por dous elementos: na parte baixa está o peto, pechado cunha lámina de ferro coa súa pechadura e bisagras; sobre el figura unha lápida de mármore cunha inscrición (ESTE PETO DE ÁNIMAS É DA PARROQUIA DE COTÁ PREGADE POLOS SEUS DIFUNTOS). Pensamos que este elemento foi un engadido posterior bastante desafortunado. Nin sequera se coida a factura (obsérvese o corte da lápida na base e a asimetría xeral, ou os apliques metálicos de titánicas proporcións). Parece como se houbese que encaixala nunha cavidade preexistente que tal vez tivo algún relevo ou pinturas. Era habitual que estes elementos desaparecesen en roubos intencionados ou por outras razóns.
Sexa como sexa, pensamos que polo menos o caseto hai que quitalo.
1 comments:
Eu tamén voto a favor de quitar ó caseto. Os de Patrimonio tiñan que poñer un mostrador de queixas para poder denunciar esta mostras de "feísmo eclesiástico".
Hai tantas fabas que cocer...
Publicar un comentario