06 febreiro 2009

A páxina web do concello de Friol

Comentábannos o outro día, unha persoa, boa coñecedora do concello, que semellaba que para algúns, Friol só existía para as feiras do pan de Ousá e do queixo.
Se realmente, na chamada sociedade da información na que nos movemos, o feito de manter unha páxina web medianamente actualizada é un termómetro para calibrar o dinamismo de calquera institución, poderiamos darlle a razón a quen facía o comentario que encabeza esta entrada.
Isto vén a conto, porque queriamos poñer un enlace, que menos ! , coa páxina do noso concello, e resulta que tivemos que desbotar a posibilidade, porque semella que desde marzo de 2.008 ata hoxe non hai nada que colgar, nin transmitir.
E, se non o credes, podedes visitar a páxina que ten activa, premendo aquí.
Cremos que, cun pouco de boa vontade, esta eiva podería ser subsanada, e, cando menos, poñer a Friol en igualdade de condicións á maioría dos concellos da provincia que, con maior ou menor calidade, asoman a cabeza ás novas tecnoloxías.
Agora que, cando menos na vila, xa hai conexión ADSL, cremos é un bo momento para que o concello retome algo que nunca debeu ser deixado de lado.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.