26 decembro 2009

Fraseoloxía: Materiais recollidos en Friol. Narla (II)

Repartimos a información recadada en función da parroquia dos informantes.Parroquia de Narla:
"Si queres que te siga o can dálle pan"
"Ano de hielos ano de codelos"
(codelo: pan reseso e con codia)
"A regla do labrador: ser burro, sementar basto e arar menudo"
"A terra negra bo pan leva"
"No xaneiro sube ó outeiro : Si ves verdear , bótate a chorar. Si ves terrear, bótate a cantar"
"No mes de maio e abril sonan as huchas na casa como o tamboril"
"Fillo es, pai serás; según as fixeres así as terás"
"Quen rouba ó ladrón ten cen anos de perdón"
"A pesares, tragos, i-a disgustos, cigarros"
"Quen paga e mente a bolsa llo sente"
"O nabo i-o señor canto máis raro millor"
"Home cazador e troiteiro non fai meda nin palleiro"
"Poñede un saco dereito, a ver si se ten baleiro"
"Pouco se gana fiando e menos se gana mirando"
"Besta de Narla e zapato de amalló, xo"
"Paxareiros os de Pacios"
"Circo na lúa, auga ningunha; circo no sol molla o pastor."
"A egua : xear xear hastr’o coiro regañar"
"A vaca : chover chover hastr’o corno amolecer
"

1 comentarios:

Pharum Brigantium

Narla, capital Eire(i)xe ;-)

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.