
Nas seguintes entradas faremos unha recompilación do publicado nos devanditos Cadernos que teña relación co noso concello.
Principal mención hai que facer do traballo de investigación realizado por Francisco Vázquez Saco (1.897- 1.962). No número 5 destes "Cadernos de Fraseoloxía Galega" aparece publicado o seu traballo “Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral”; posteriormente no número 9, un estudo de Mª.C. Paz Roca "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" completa a anterior publicación.
Asemade, indicar tamén que faremos referencia ao traballo de Xesús Taboada Chivite ( 1.907-1.976) "O refraneiro Galego" publicado no número 2 da mesma colección.
A fotografía de F. Vázquez Saco é a que ilustra esta entrada.
0 comments:
Publicar un comentario