26/12/09

Fraseoloxía. Materiais recollidos en Friol. Miraz e Cotá (III )

Parroquia de Miraz:
"As tardes de agosto corren como un lóstrego"
"--De onde está o aire?
--Do Corno de Boi
--Estará home estará; de alá veu túa mai e nunca boa foi."
"Os de Ousá canto din hoxe é nada mañá"
"Pelados de Seixón e corvos de Santa Leocadia fixeron unha festa con cagalliñas de cabra"
"Pataqueiros en Trasmonte"
"Merda con pan e herba, bota no caldo que cho conserva"
"Lobos e cas todos eran irmás"
"O cuco a cucar i-os paxaros a piar"
"Mentras o demo vén e non vén, seu dono perde o que ten"
"Si c(ago) c(ago) polo meu"

Parroquia de Cotá:
"O que chega tarde, chorar ou cantar”

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.