Na polafía que organizou a Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co museo Etnográfico de San Paio de Narla, alá polo mes de novembro do pasado ano, Álvaro do Sisto ( Anxeriz) achegounos vía oral a letra dunha comparsa do Entroido de moitos anos atrás, cando menos anterior ao 1.970.
Foi recollida polo propio Álvaro, sendo a informante Carmen Lage Morandeira veciña de Anxeriz.
Nós , aproveitando que estamos en pleno ciclo entroidano reproducimos aquí o texto.
Achegamos á entrada a fotografía do texto que se repartiu na propia polafía, e que é unha adaptación feita por Álvaro do Sisto e Isidro Novo.
Reproducimos a continuación a letra da Comparsa:
Cantar da Comparsa dos Rexumeiros
Aquí vimos os Rexumeirosnesto somos algo artistaspara darlle comezo ó contotocoulle por turno ás modistas.
Botan toda a súa vidae non saben dar puntadaen cambio saben facereben os dibuxos na cara.
Primeiro cortaban o pelovai pasando esa moda ahoraxa se lles deu por enrestralocomo se enrestan as cebolas
Pensan que lles queda benheasí como o poñen elasqueren facerse máis guapase aínda se fan máis feas
Empezan depilando aas cexase poñendo o lunar postizo,despois polvos e coloretesenseguida veña chorizo.
É un verdadeiro ascoanque elas digan que nonhepa completar o masajedanlle ós ollos con carbonhe
Despois no tempo do veranocando cansa moito a caloreprocuran traer pouca roupapa non despedir mal olore
Poñen por debaixo un visopor riba unha bata ou saiapoñen o traxe de bañoalá se van para a praia.
A veces pasa cada cousaque por certo é moi divertidaalguna con tanto gustñoxa se ten quedado durmida.
A algunhas dalle vergonzaque a vexan tantos pasmoseen vez de estarse cas outrasvai pa detrás dos montose.
0 comments:
Publicar un comentario