Habitan nas terras de Friol seres fantásticos. Entre eles figura unha serpe pequena á que lle medran ás cando xa vai vella, sendo capaz de voar uns metros, aínda que moi torpemente. En ocasións, incluso chegan a atacar ás persoas. Con todo, o seu primeiro voo, é tamén o derradeiro, pois morren en seguida. Así o confirma un home de Samede, que hai anos foi atacado por un destes estranos animais, ao que deu morte cun pao.
Recollido polo ex-alumno Julio Cabado Prado das Travesas, Nodar
Recollido polo ex-alumno Julio Cabado Prado das Travesas, Nodar
0 comments:
Publicar un comentario