25 novembro 2008

Sartego de Trasmonte

Ofrecer unha cronoloxía precisa parécenos conflitivo. Do sartego só se conserva a tapa monolítica, o que resulta inhabitual, pois estes sartegos eran reutilizados para usos diversos e case sempre acabaron perdendo a tapa para ser usada en futuras construcións. A tipoloxía responde aos chamados sarcófagos de estola, que presentan unha nervatura central en relevo que nunha das extremidades se prolonga en tres ramas diverxentes. Son estolas "antropomorfizadas", posibles imaxes esquemáticas dun orante. Durante moito tempo, este tipo de tapas incluíanse no periodo suevo-visigótico (séculos VI-VII), se ben na actualidade esta cronoloxía está sendo sometida a revisión ó ser cuestionada por diversos autores (Acuña Castroviejo, Ferreira de Almeida, Mario Jorge Barroca...). Pénsase que foron habituais ao longo do periodo da Reconquista, e máis concretamente entre os séculos IX e finais do XI.
Sobre o sartego de Trasmonte hai unha lenda da que falaremos máis adiante.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.