Podemos observar nesta fotografía, uns vellos carballos na propiedade que o Dr. López Suárez -Xan de Forcados-- cedeu ao Concello, para que se construíse nela o que ía ser a Agrupación Escolar; na que inicialmente se impartiría a desaparecida Educación Xeral Básica - E.X.B. -.
Posteriormente e despois de diferentes reformas educativas o centro pasou a impartir a Educación Infantil e Primaria e a Educación Secundaria Obrigatoria, no que, actualmente, é o Colexio Público Integrado -C.P.I.-
O Centro lembra no seu nome oficial, ao benfeitor que fixo posible a súa construción.
Con esta foto , iniciamos unha sección na que iremos debullando o pasado do concello a través das fotografías que vaiamos conseguindo.
0 comments:
Publicar un comentario