29/09/09

Nin un paso atrás. En Defensa do Ensino Público

Hoxe día 29 de setembro e uníndose á convocatoria que as Asociacións de Pais da Confapa, baixo o lema de "Nin un paso atrás"a A.N.P.A. do C.P.I. de Friol, tiña convocada unha concentración á que estaban invitados tódolos pais e docentes do Centro.
O éxito da convocatoria, haino que dicir, foi ben rabelo, pero á fin, o que importa é o espírito amosado polas convocantes, que con pancarta e todo, fixeron acto de presenza, deixando en evidencia o escaso interese ou o conformismo e pensamento único que anega á realidade destas terras.

2 comments:

Chousa da Alcandra

Pois moito ánimo ás persoas que fixeron acto de presenza.
Seguramente no rural non hai unha concienciación moi clara da imperiosa necesidade de de defender e de implicarse os pais/nais no ensino público.
Por elo ainda ten máis mérito a acción de aqueles que sí o ven.

Apertas

Álvaro

Noraboa a aquelas persoas que defenderon sen medo nin vergoña o que consideran xusto.
Pólvora para aqueles que tristemente fican nas súas casas criticando a quen defende os seus intereses porque así lle lo pediron ou ordearon.
Xa sabemos como é Friol, isto non é novo.
Só queda por dicir, ánimo á Asociación de Nais e Pais de Alumnos no seu traballo en defensa dos seus fillos. E desexarlles que sexan capaces de resistir o maior tempo posible á contaminación política da súa actividade.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.