Sobre este Señor da Torre de Xiá, de principios de século XVII, temos noticias a través de D. Manuel Vázquez Seijas. Seguindo a este investigador e sendo coñecedores do grande número de enterramentos megalíticos existentes no Concello, narramos o seguinte sucedido:
A principios do século citado o interese polos posibles tesouros agochados nas mámoas, fixo que máis de un se dedicasen á busqueda dos mesmos e así xerar situacións como a que estamos relatando.
Relacionado co " posible tesouro" atopado na Mámoa dos Castelos, o día de Pascua do ano 1.609, veciños de Friol viron diante da casa de Gabriel de Lamas, seis ou sete homes con armas , que non eran outros que D. Alonso Ordóñez das Seixas e algún criado e vasalo seu. Estes, segundo diferentes testemuñas, sacaron da súa casa ao citado Gabriel e levárono, parece ser que metido nun saco, ata a torre de San Paio.
A nai de Gabriel, Mayor de Lamas, declarou que o seu fillo atopara na Mámoa dos Castelos, grande cantidade de ouro en pezas e moedas. Isto debeu ser o desencadeante do secuestro inicial. Non se volveu saber máis nada do mencionado Gabriel de Lamas.
Ben puideron os seus ósos ser hóspedes do calabozo da entrada anterior.
0 comments:
Publicar un comentario