14/12/08

Luxos e caprichos dos señores de San Paio

Os salóns dos castelos eran a estancia máis nobre e luxosa. Aquí era onde os señores ofrecían banquetes, que podemos imaxinar organizados ó longo de taboleiros de madeira sostidos por cabaletes e bancos corridos. As paredes estaban enxesadas e pintadas, e decorábanse con trofeos de caza, estandartes, armaduras... O solo é de madeira e o teito está percorrido por enormes vigas. As chemineas debían ser grandes para caldear estes enormes espazos.

A cheminea do salón de San Paio mide máis de 2 metros de ancho. É renacentista, do S.XVI. Está sostida por columnas decoradas con trazos xeométricos no terzo inferior. O entaboamento presenta decoración en molduras nos extremos superior e inferior. O entaboamento é liso, só interrompido no centro por un busto espido alado, e nos extremos por rosetas.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.