A pesar da mala fama que as lendas outorgan a Vasco das Seixas, é indudable que sabía gozar do benestar e que algunha sensibilidade artística debía ter cando encargou este magnífico exemplo de cheminea renacentista. Está situada no terceiro piso da torre da homenaxe e desprazada da súa ubicación orixinal. A súa función era caldear un dos dormitorios. Foi feita no S.XVI e presenta unha decoración que non ten desperdicio. Susténtase en columnas decoradas con motivos xeométricos na basa e no capitel. No centro do entaboamento hai dous leóns contrapostos separados por unha flor de lis, que simboliza a virtude e a perfección. Os leóns parecen manter á raia ós dragóns que os asexan e que xurden dos laterais do entaboamento. Os dragóns simbolizan os poderes maléficos, que deben ser aniquilados para que a virtude triunfe. Nas costas vemos a continuación deste pequeno programa iconográfico: da boca dun dragón sae o seguinte dragón disposto a combater cos leóns, e nos extremos de toda esta lenda en pedra, xorde unha man facendo unha figa, que é un puño pechado mostrando o dedo polgar entre o índice e o corazón, un xesto supersticioso que protexía do mal do ollo e que mostraba desprezo e protección ante o mal inminente.
Cumples de novembro!
-
En novembro cumplen Samuel o día 5 e Uxía o 22.
A ficha deste ano é especial, porque é unha ficha de amizade deste último
curso de infantil. Debuxamos o...
0 comments:
Publicar un comentario