Sobre a porta de entrada vemos un escudo con coroa marquesal soportado por dous leóns rampantes. Estes aparecen sempre de perfil, erguidos sobre as patas traseiras, coa pata destra apoiada sobre o escudo, coa boca aberta e a lingua fóra, e coa cola levantada co borlón cara adentro. Ten catro cuarteis en cruz nos que se reproducen os blasóns de outras liñaxes que emparentaron cos Seixas. No cantón destro do xefe figuran os Tovar (dous castelos), no cantón sinistro do xefe os Seixas (catro pombas), no cantón destro da punta os Sarmiento (ramo), e no cantón sinistro da punta os Ordóñez (nove roeis).
Un segundo escudo situado sobre unha ventá alta, reproduce en sotuer (aspa) as cinco pombas dos Seixas.
NATUREZA: Xogos, manualidades , cancións e traballando duro!
-
Nestas dúas semanas preparamos un gran Grúfalo para xogar! Primeiro
pintamos o que necesitábamos. Reutilizamos unha
caixa que tiñamos gardada e pintámola...
0 comentarios:
Publicar un comentario