No ano 1.939 a Deputación de Lugo adquire a propiedade da torre de San Paio, evitando así a súa desaparición, pois os novos propietarios adquirírana para demolela e reutilizar os seus materiais.
A proposta de adquisición provén do entón Interventor da Deputación Provincial ao tempo que Secretario da Xunta do Museo de Lugo, don Manuel Vázquez Seijas.
Ata fins dos anos 70 a institución provincial non decide darlle unha utilidade concreta á Torre.
No ano 1.980 apróbase que a torre de San Paio sexa reformada e adaptada para servir de complemento ao Museo Provincial.
Así, no ano 1.983 abre as súas portas como Museo Etnográfico e de Historia; concretamente o 25 de maio. A partir desta data recibe cantidade de grupos de escolares ao longo de todo o curso e está aberto ao público en xeral tódolos días da semana , agás os luns.
Xa no ano 2.003 realizáronse pequenas reformas para mellora-lo servizo museístico.
Nesta páxina do propio museo podemos ler con máis detalle as seccións e coleccións da Torre de San Paio.
Nestes últimos tempos a Torre é aproveitada para a realización de obradoiros e talleres relacionados coa Historia e a Etnografía.
Aproveitamos esta entrada para agradecer á actual responsable da mesma as facilidades dadas para a obtención de fotografías para o noso blog.
0 comments:
Publicar un comentario