Xa comentamos os que publicou na revista da APLA " O Cortizo", a publicación do "Cancioneiro Galego" e a colaboración en "El Progreso" na que recrea a lenda da cova da Serpe.
Sabemos do seu traballo "La Alimentación humana y la nutrición, importancia de una dieta equilibrada" que foi editado pola Delegación Provincial do Ministerio de Cultura no ano 1980.
Por último facer referencia a un seu traballo baixo a epígrafe "La enseñanza y el agro"no que defende a necesaria participación da Escola na consecución dunha mellor capacitación profesional para poder desenvolver o agro galego, idea que proxectan os cursos agropecuarios e da necesidade dos hortos na escola para que que sirvan de inicio da citada capacitación. Este traballo foi publicado en cinco entregas dende o domingo 31 de outubro de 1965 ata o domingo 28 de novembro dese ano, no diario "El Progreso".
Ese mesmo ano foille concedida a Cruz ao Mérito Agrícola polo Ministerio de Agricultura.Sabemos do seu traballo "La Alimentación humana y la nutrición, importancia de una dieta equilibrada" que foi editado pola Delegación Provincial do Ministerio de Cultura no ano 1980.
Por último facer referencia a un seu traballo baixo a epígrafe "La enseñanza y el agro"no que defende a necesaria participación da Escola na consecución dunha mellor capacitación profesional para poder desenvolver o agro galego, idea que proxectan os cursos agropecuarios e da necesidade dos hortos na escola para que que sirvan de inicio da citada capacitación. Este traballo foi publicado en cinco entregas dende o domingo 31 de outubro de 1965 ata o domingo 28 de novembro dese ano, no diario "El Progreso".
Agradecemos a colaboración de Asunción Fernández Puentes (directora na actualidade do Colexio Fingoi e continuadora, a partir do 1984, do labor relacionado co horto escolar iniciado por Devesa) que nos facilitou abonda información tanto documental como gráfica sobre este mestre.
Grazas tamén a Higinio M.F. de la Vega, antigo alumno de D. Vicente alá polos anos corenta cando este deu clase na vila friolesa.
A fotografía que acompaña esta entrada correspóndese cunha das sesións dos cursos agropecuarios realizada en Trasmonte, nela podemos distinguir a D. Francisco Mouronte de quen temos pendente unha futura entrada.
0 comments:
Publicar un comentario