O pasado do concello está sendo motivo de investigación por parte do alumnado do C.P.I. Dr. López Súárez de Friol.
Dende hai varios cursos e desde diferentes áreas de coñecemento estamos investigando sobre todo o relacionado co patrimonio cultural destas terras.
Na actualidade xa dispoñemos dun arquivo fotográfico importante e dun fondo sonoro no que temos recollido diferentes aspectos do noso patrimonio inmaterial: lendas, contos, cantigas, relatos da historia local,...
Neste curso pensamos seguir co traballo iniciado e mentres decidimos o formato no que dar publicidade á nosa investigación, neste blog iremos colgando pequenos retallos da mesma.
0 comments:
Publicar un comentario