23/09/08

A Lenda da Pena Bicuda ou Bicosa



O curso pasado fixemos unha saída á parroquia de Trasmonte.


Localizamos o castro, e recollemos información sobre o sartego da igrexa e tamén o relato que explica o porqué da forma da Pena Bicuda.

Se coñeces a lenda podes enviala


2 comments:

Anónimo

O nome de Bicuda fai referencia á forma de fuciño que a pena ten nun dos extremos. A lenda conta que alí vivíu unha xigantesca bruxa. Un día, estando acompañada dunha nena mentres fiaba nunha enorme roca, a nena esvarou ó subir á pena e morreu. A bruxa berrou: "Pena Bicuda, heiche ceibar unha pedra que te ha fender de rabo a orella!", provocando unha profunda fenda na pena que inspira a lenda.

Anónimo

Eu creo que Algalia debía facer unha nova entrada coa lenda. A lenda o merece e quedar nun comentario semella facerlle un feo. Non cres?

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.